6.5 C
Lugo
Lun, 6 May 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Faíscas Culturais: Escoitar-se antes de actuar

26 de abril - 11:00

Faíscas Culturais: Escoitar-se antes de actuar
26.04.2024 | 11.00h-13.00h

Na Aula  de Teatro e Danza da Facultade de Veterinaria de Lugo.

O relator desta faísca será Bal Castro, quen comezou a súa andaina no mundo das artes co grupo de teatro xuvenil de Lugo ‘Os Palimoquiños’. Formou parte da Compañía Teatral USC Lugo coas obras ‘Paz Perpetua’ e ‘O Público’.

Descobre  que o corpo é o principal motor da súa expresión artística, polo que se forma en interpretación xestual na ESAD de Galicia. Complementa a súa formación en danza contemporánea da man de profesionais como Olga Cameselle, Kirenia Martínez e Leodán Rodríguez.

Actualmente encontrase na cidade de Porto poñendo a proba o seu corpo e a súa creatividade con diversos artistas internacionais na formación anual de Oficina Zero.

Por outra parte, Bal Castro forma parte da compañía de teatro físico Mevadeus, coa que gaña o primeiro premio na categoría de teatro do Xuventude Crea 2021 coa peza ‘Agro 5G’.

No 2022 estrean ‘Outrora Nós’ e actualmente a compañía atopase nun proceso de investigación escénico chamado ‘Transparentar’, o cal xurdiu das Residencias Paraíso 2023.

Ademais forma parte do elenco da compañía Kirenia Danza nos espectáculos ‘Primeiro a Vida!’ e ‘Afectos’. No ano 2022 traballa no proxecto europeo ‘Antibullyng movement series erasmus’ na cidade de Hildeshiem, Alemaña.

Tamén formou parte da produción teatral do Centro Dramático Galego (CDG) 2020/2021 ‘Serva me, Servabote’.

Detalles

Fecha:
26 de abril
Hora:
11:00
Categoría del Evento: