17.1 C
Lugo
Sáb, 27 Jul 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Familiar – A viaxe feliz de Ramón Sanfiz

18 de noviembre, 2023 - 12:00

Familiar – A viaxe feliz de Ramón Sanfiz

De Fantoches Baj

Co motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DA INFANCIA, O 18 DE NOVEMBRO 12 horas, Afundación convida ó público, a asistir ao espectáculo A viaxe feliz de Ramón Sanfiz, que está insertado no PROGRAMA CULTURA POR ALIMENTOS.

IMPORTANTE! O acceso a obra de teatro será mediante a doazón de alimentos infantís que irán destinados ao Banco de Alimentos local.

NARRACIÓN ORAL E MONICREQUES / + 3 anos  /  50 MIN

Ramón Sanfiz, aventureiro e percusionista dunha orquestra de baile da mariña, disponse a percorrer un novo itinerario co seu triciclo.

No encontro co público, cóntalles a viaxe que realizou desde a súa vila natal ata San Andrés de Teixido fiando diferentes historias que aprendeu dos habitantes que atopou polo camiño.

Esta nova produción de Fantoches Baj está baseada en Galicia, o libro de crónica de viaxes de Francisco Fernández del Riego no que o autor trazou unha ducia de itinerarios singulares percorridos polo seu alter ego: Ramón Sanfiz.

Unha proposta onde a narración vai acompañada de música, monicreques, romances de cego e outras técnicas de teatro de rúa.

Reservar entradas de balde en Ataquilla.com

Detalles

Fecha:
18 de noviembre, 2023
Hora:
12:00
Categoría del Evento:

Local

Afundación
Praza Maior, 16
Lugo, Lugo 27001 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 28 90 96
Ver la web del Local