Teatro Ghazafelhos
Idade: a partir de 5 anos.
Lugar: MIHL (Museo Interactivo de la Historia de Lugo).
Da man de Lúa, percorreremos o mundo dos maiores cos ollos da infancia. Descubriremos a importancia da tolerancia e de abrir as fronteiras no país das pernas e o país dos brazos. Tamén aprenderemos a compartir no país da choiva; a levantar a vista e apreciar o mundo que nos rodea no país dos espellos; a vivir en paz e non usar a violencia no país da guerra…
Día que se iniciará a venda de entradas: 18 de marzo as 16:00 horas.
Importante: As persoas adultas que acompañen aos nenos e nenas aos contacontos terán que retirar tamén entrada. Para dar preferencia ao público infantil, permitirase só un acompañante adulto por unidade familiar e entregaranse un máximo de tres entradas por persoa.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte