Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Final Nacional de Freestyle de Masters in Combat

13 de junio - 16:00

Os xardíns do Pazo de Congresos de Lugo serán escenario o 13 de xuño, a partir das 16.00 horas, da Final Nacional de Freestyle Masters in Combat (MIC), unha das citas máis salientables da cultura urbana e a improvisación en España.

A competición reunirá a 16 finalistas que lograron a súa clasificación tras superar as diferentes probas celebradas en Bilbao, Madrid, Xixón, Barcelona, A Coruña, Vigo, Ourense e Lugo, convertendo esta gran final nun encontro de carácter nacional con representación dalgunhas das mellores promesas do freestyle do país.

Alén das batallas, o evento contará cunha masterclass de Dani Suárez, tres veces campión nacional e campión europeo de Hip-hop, así como exhibicións de baile a cargo das academias lucenses Stardance e Gravity.

A organización repartirá 1.000 euros en premios e contará cun equipo técnico de primeiro nivel, formado por tres xuíces con ampla experiencia en competicións nacionais de freestyle e un DJ especializado en eventos de freestyle de ámbito nacional, garantindo o máximo nivel competitivo e de espectáculo durante toda a xornada.

A entrada é gratuíta e o evento está financiado polo Concello de Lugo, reafirmando a súa aposta polo talento novo e a promoción da cultura urbana.

Detalles

  • Fecha: 13 de junio
  • Hora:
    16:00
  • Categoría de Evento:

Recinto