12.2 C
Lugo
Lun, 20 Oct 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Foro da la 2025

13 de septiembre - 14 de septiembre
Foro da la 2025

Os días 13 e 14 de setembro no soto da Praza de Abastos de Lugo. En horario de 11h a 20h. o sábado e de 11h a 14h o domingo.

Para ver todos os usos que pode ter a la, e o ben que a usan os nosos artesáns.

– Exposición e venda de produtos das diferentes iniciativas ao redor do mundo da la e de produtos de alimentación relacionados co ovino e o cabrún.

– Proxección de documentais,

– Música, para desfrutar e bailar.

– Obradoiros

ORGANIZA: OVICA, a única asociación que agrupa a todos produtores de ovino e cabrún de Galicia.

«Dende a asociación levamos varios anos traballando nesta temática en diferentes vías:

– Contacto con cooperativas e lavadeiros que existen fora de Galicia.

– Iniciativas de investigación para a posta en valor de novos usos da la.

– Creación dun grupo de traballo a nivel galego, relacionado coa la.

Con todo, a sensibilización e coñecemento por parte da poboación en xeral é un dos obxectivos deste proxecto, por iso parécenos importante levar a cabo estas actividades de difusión para poñer o noso gran de area e que a la sexa considerada como a estupenda materia prima que é.

Agardámosvos no II Foro da la.»

Web oficial

 O «II Foro da la» achega os usos da la das ovellas á cidadanía

Detalles

Comienza:
13 de septiembre
Finaliza:
14 de septiembre
Categoría del Evento: