16.3 C
Lugo
Dom, 6 Oct 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Gravación en directo do podcast BiMrras

7 de junio - 17:00

Gravación en directo do podcast BiMrras

A Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos de Galicia recibirá o venres, 7 de xuño, ao podcast BiMrras para unha gravación en directo dun dos seus episodios. A cita será ás 17:00 horas na sede colexial (rúa Puro Cora, 1, soto 1).

A actividade estará aberta ao público e pensada para interactuar entre os compoñentes
do podcast, o invitado e o propio público.

BIMrras é un podcast quincenal no que tres arquitectos galegos –Rogelio Carballo, Evelio E. Sánchez e Rafael Tenorio Aranguren, os BIMtrastornados– discuten sobre todo o relacionado co mundo do Building Information Modeling, a transformación dixital e a tecnoloxía aplicada ao sector da construción desde 2018 (https://www.bimrras.com/).

Os tres profesionais son uns verdadeiros apaixonados da tecnoloxía con máis de 20 anos de experiencia profesional ás súas costas. Ao longo dos anos, os seus perfís profesionais fóronse especializando en sectores complementarios: Rogelio na intervención no patrimonio histórico, Evelio na aplicación de tecnoloxías da información á análise e xestión, e Rafael na planificación e xestión de obras de infraestrutura.

Nesta ocasión, contarán no seu podcast cun invitado especial Antonio Tort, un arquitecto lucense pioneiro na metodología BIM (Building Information Modeling) en España. Tras graduarse en arquitectura na Escola Técnica Superior de Arquitetura da Coruña a finais de 1990, comezou a traballar con AutoCAD e fundou un Autodesk Training Center en 1992. En 1995, tivo o seu primeiro contacto con ArchiCAD en Helsinki e desde entón estivo vinculado ao mundo BIM desde diferentes perspectivas. En 2014, creou un dos primeiros máster de xestión BIM e actualmente dirixe o seu estudio de arquitectura en Lugo.

Detalles

Fecha:
7 de junio
Hora:
17:00
Categoría del Evento: