17.7 C
Lugo
Sáb, 23 Nov 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

I Xornadas Feministas

8 de marzo - 09:00

I Xornadas Feministas

Venres, 8 de marzo no Salón de Actos da Deputación.

A participación será gratuíta, aínda que será preciso inscribirse previamente enviando un correo electrónico á dirección: protocolo@deputacionlugo.org Aceptaranse as inscricións ata completarse o aforo do Salón de Actos.

Tras a inauguración, que empezará ás 9.30 horas e correrá a cargo do Presidente desta
institución provincial, José Tomé Roca, a xornada arrancará cunha mesa redonda arredor da Importancia do Feminismo nas Políticas Públicas. Participarán a Alcaldesa de Lugo, Paula
Alvarellos Fondo; a presidenta do Foro Feminista de Lugo, Carmen Simón, e a Deputada de
Muller e Igualdade e Alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira.

Seguidamente, ás 10.45 horas terá lugar a conferencia de Altamira Gonzalo Valgañón, que
leva por título Feminismo é igualdade. Altamira Gonzalo é unha xurista feminista de Zaragoza que está especializada en Dereito de Familia e en Dereito Comunitario pola Escola de Práctica Xurídica da Universidade Complutense de Madrid. Altamira Gonzalo asumiu diferentesresponsabilidades en organismos en defensa da igualdade e contra a violencia contra as mulleres, como no Observatorio Estatal contra a Violencia de Xénero, o Instituto da Muller de Castela A Mancha ou o Instituto Aragonés da Muller.

Ás 12.30 horas a socióloga e investigadora Silvia Fernández Freire ofrecerá a conferencia O
marco feminista da abolición da prostitución. Ela ten máis de 20 anos de experiencia
investigando sobre a violencia sexual e ten unha visión moi ampla sobre esta realidade.

A xornada rematará ás 13.30 horas coa cómica e dramaturga feminista Patricia Sornosa, que ofrecerá o monólogo Desapareza aquí, demostrando a súa arte de utilizar o humor combativo para loitar contra o machismo e romper estereotipos e roles.

O punto musical traeránolo ao longo da xornada a cantautora Sheila Patricia, unha muller
referente da nova canción de autora en Galicia, “cun estilo moi persoal, feminista e ecléctico”.

Detalles

Fecha:
8 de marzo
Hora:
09:00
Categoría del Evento:

Local

Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8
lugo, Lugo 27001
+ Google Map
Teléfono
982 26 00 00
Ver la web del Local