III TriviGal
A Comisión de Xénero e a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Veterinaria organiza o vindeiro martes 19 de marzo un TriviGal edición especial con motivo do 8M, incluíndo unha categoría temática sobre Feminismo.
A actividade lúdica, orientada á participación de toda a comunidade universitaria
interesada, desenvolverase en ‘O recuncho’, tal e como se coñece o espazo situado ao
carón da cafetería, no hall da Facultade de Veterinaria.
As persoas interesadas en tomar parte nesta actividade deben cumprimentar o
formulario xa habilitado en liña, onde tamén poden atopar información respecto do
desenvolvemento do xogo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte