Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Inauguración da exposición «Contemos multitudes. Dano cerebral adquirido, onde as cousas perdidas volven estar ben»

4 de junio - 18:00

Inauguración da exposición «Contemos multitudes. Dano cerebral adquirido, onde as cousas perdidas volven estar ben»

Xoves 04 de xuño de 2026

18:00 horas

O Vello Cárcere de Lugo

Presentarase por primeira vez o libro que acompaña a exposición e que amplía a colección de retratos que se poden ver na mesma. O deseño da gráfica da exposición é de Xaime Fandiño, que tamén se encargou de dar forma a un coidado libro-obxecto que se vai agasallar a todas as persoas que asistan ao acto de inauguración da exposición.

As imaxes son da autoría de Fuco Reyes e das persoas participantes no Laboratorio Artístico e Creativo do Dano Cerebral Adquirido.

A exposición vai estar ata o 30 de xullo. O centro cultural abre todos os días de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.

“Vou ata o límite, vou ata o final. Vou onde todas as cousas perdidas volven estar ben” sentencia Bob Dylan na súa canción I Contain Multitudes.

Unha declaración que podía ter saído da boca de calquera persoa con dano cerebral adquirido unha vez transitado o dó e interiorizada a cronicidade das secuelas que compoñen a súa discapacidade.

Estas son diferentes en intensidade, cantidade e tipoloxía, dependen da persoa e do lugar do cerebro no que o ictus ou o traumatismo cranioencefálico -por citar as principais causas- provocou a lesión.

Multitude de secuelas, multitude de persoas, multitude de sensacións de ida e volta, do antes e o despois desta discapacidade adquirida que o cambia todo para a persoa e para a súa familia e contorna social.

O cantautor Nobel levaba na canción ao presente o poema de Walt Whitman. Este, co seu “Contradígome. Son grande, conteño multitudes”, tamén parece retratar a experiencia dunha persoa con dano cerebral, que é a de antes, pero tamén é unha persoa nova tralo dano. Con contradicións, con novidades, con variedade, pero tamén a mesma, sempre.

Esta reflexión sobre o dó, sobre o cambio e sobre a readaptación foi a que sobrevoou cada un dos retratos de Fuco Reyes que compoñen a exposición ‘Contemos multitudes. Dano cerebral adquirido, onde as cousas perdidas volven estar ben’.

Dano Cerebral Galicia e Dano Cerebral Lugo

Detalles

  • Fecha: 4 de junio
  • Hora:
    18:00
  • Categoría de Evento:

Recinto

  • O Vello Cárcere
  • Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
    Lugo, Lugo 27002 Spain
    + Google Map
  • Teléfono 982 29 71 95