16 C
Lugo
Vie, 19 Abr 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Inauguración da exposición de Joaquín García-Gesto

22 de febrero - 19:00

Inauguración da exposición de Joaquín García-Gesto

22 FEB | 19.00 h | Inscricións aquí

Sede Afundación Lugo

Praza Maior, 16 / Praza Santa María, s/n. Lugo (Lugo)
A Sede Afundación de Lugo acolle ata o 25 de maio a exposición retrospectiva «García-Gesto: A inquietude creativa». A inauguración terá lugar ás 19.00 h coa presenza do artista, Joaquín García-Gesto; Pedro Otero, director xerente de Afundación; Lucila Yáñez, autora dos textos da exposición; Zaira Dapena, directora territorial de ABANCA en Lugo e Marité Cores, coordinadora da Área de Cultura de Afundación.
Composta por 56 obras que datan desde 1972, as máis antigas, ata 2022, as máis
recentes, a mostra percorre algunhas das súas series máis emblemáticas:
«Sobremesa», «Vento», «Lizos», «Lucy» ou «Augas do Eume», entre outras.
A exposición de García-Gesto, que pode visitarse de luns a sábados de 17.30 a 20.30 h,
forma parte do programa solidario «Cultura por Alimentos», que Afundación
desenvolve en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos. Os
asistentes poderán colaborar depositando produtos non perecedoiros nos contedores
habilitados para tal fin no acceso á Sede de Afundación. Serán distribuídos na contorna
de Lugo polo Banco de Alimentos local.

Detalles

Fecha:
22 de febrero
Hora:
19:00
Categoría del Evento:

Local

Afundación
Praza Maior, 16
Lugo, Lugo 27001 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 28 90 96
Ver la web del Local