13.3 C
Lugo
Dom, 19 May 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Inauguración da exposición do proxecto 𝐶𝑜𝑟𝑐𝑜sendo

18 de mayo - 12:00

Inauguración da exposición do proxecto 𝐶𝑜𝑟𝑐𝑜sendo

O sábado 18 de maio de 2024 ás 12,00 h. terá lugar no Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo a inauguración da exposición do proxecto 𝐶𝑜𝑟𝑐𝑜sendo organizada pola sección de Audiovisuais do Instituto de Estudos Ulloáns (IEU) en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo e da Rede Museística Provincial, e coordinada por Patricia Coucheiro, Sara Coello, Antía Montes e Susana Varela.

Contarase na inauguración coa performance de Helena Salgueiro e a actuación do grupo Zoelas, que interpretará a canción que compuxo para o proxecto.

Corcosendo é un proxecto antropolóxico-artístico destinado a recuperar a memoria oral da Comarca da Ulloa, centrándose no importante papel que o oficio da costura xogou na vida das mulleres da comarca.

A través de entrevistas persoais as coordinadoras da Sección de Audiovisuais do IEU rexistraron a memoria das costureiras da Ulloa e isto inspirou a creación de diversas iniciativas artísticas e culturais.

A mostra na Sala de exposicións do Pazo San Marcos comprende a instalación de máis de 30 fotografías de costureiras intervidas pola artista téxtil Verónica Ramilo, acompañadas por fragmentos textuais dos seus testemuños, así como a videoproxección de Xabier Mailán As mans núas de quen nos vestiu.

O proxecto inclúe Arquitecturas da Memoria, unha iniciativa dinamizada polo Colectivo Agrocuir, a Cooperativa Indaga e a Aula das artes da Universidade Carlos III. Esta aplicación móbil de xeolocalización permítenos explorar as rúas do centro de Lugo, revivindo a memoria oral da costura. Invítanos a deternos a escoitar as voces das súas protagonistas en puntos da cidade relacionados co oficio.

Detalles

Fecha:
18 de mayo
Hora:
12:00
Categoría del Evento:

Local

Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8
lugo, Lugo 27001
+ Google Map
Teléfono
982 26 00 00
Ver la web del Local