5 C
Lugo
Dom, 5 May 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Inauguración da mostra “Amenceres de auga”

7 de julio, 2023 - 20:30

Inauguración da mostra “Amenceres de auga”

O pintor lucense Eduardo Sampayo Montenegro inaugura este venres (20.30 horas) a exposición “Amenceres de Auga” na Capela de Santa María de Lugo.

A  mostra, que inclúe sesenta cadros de acrílico sobre lenzo na liña do expresionismo abstracto, forma parte dunha triloxía, que comenzou no 2017  con «Alboradas de metal», e continuou no 2019 con «Auroras de vento”.

Eduardo Sampayo Montenegro (Lugo, 1973)

Fascinado desde neno pola expresión gráfica, que coñeceu en cómics e libros ilustrados -desde Mortadelo e Tintín até os clásicos ilustrados das edicións Toray -, as súas primeiras clases de debuxo artístico foron no instituto Xoan Montes, co profesor José López Guntín, quen fomentou a súa afección pola arte figurativa e a os retratos.

Na trintena, viviu unha tempada en Salamanca e perfeccionou a súa técnica de debuxo artístico na academia de pintura de Clara Lurueña Miguel.

De volta a Lugo, no ano 2011, da man de Antonio García Durán, continuou a súa evolución artística cara a pintura abstracta, expresionaista e informalista na que se encadran as súas últimas obras.

A súa primeira exposición foi na Casa das Cores, en 2014. Desde esa data participou nas mostras colectivas “Achegando Disparidades” no Museo Interactivo Histórico Lucense, “Samos 0.1” no Mosteiro de Samos ou “Soños” en Ferretería Eventos.

Ese espazo cultural lucense acolleu tamén as exposicións individuais “Alboradas de metal” e “Auroras de vento”, a serie na que se encadra o proxecto artístico que o venres inaugura na Capela de Santa María.

Detalles

Fecha:
7 de julio, 2023
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

Sala de exposicións da Capela de Santa María
Ronda da Muralla, 140
Lugo, Lugo 27004
+ Google Map
Teléfono
982 21 00 66
Ver la web del Local