- Este evento ha pasado.
Inauguración da mostra “Mulleres en Acción polo Planeta: Océanos e Terra”

Inauguración da mostra “Mulleres en Acción polo Planeta: Océanos e Terra”
Na Capela de Santa María o 5 de xuño ás 18:00 horas
Coincidindo coa conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente -5 de xuño-, a Capela de Santa María de Lugo acollerá a mostra de deseños con materiais reciclados “Mulleres en Acción polo Planeta: Océanos e Terra”, comisariada polas artistas Dolores Guerrero e Rosa Gallego del Peso
Trátase dun proxecto artístico reúne deseños de 21 mulleres que transformaron materiais
reciclados – plásticos, papel, cartón, cápsulas de café ou recortes de tea— en creacións
de deseño artístico cunha forte mensaxe para concienciar sobre o impacto do cambio
climático e denunciar o alarmante aumento na xeración de vertidos.
A artista lucense Dolores Guerrero ultima a preparación da mostra da que destaca,
ademais das súas calidades artísticas, unha mensaxe que convida á reflexión sobre o
exceso de residuos, a contaminación de mares e océanos, o consumo desmedido de
roupa e a importancia da reutilización e a reciclaxe para protexer o noso planeta.



























