Xoves 5 de Xuño ás 19:00 horas na galería Soliana de Lugo.
A mostra reúne pintura e cerámica arredor dun imaxinario de criaturas enmascaradas e paisaxes emocionais.
Poderá visitarse ata o vindeiro 30 de Xullo
Perdendo a forma humana propón un percorrido por un universo habitado por criaturas
reais e imaxinarias, personaxes enmascarados e seres ficticios sorprendidos en
momentos de intimidade.
A obra de Núñez constrúese a partir do autorretrato como punto de partida, dende onde a artista desprega un proceso pictórico por capas que transforma o rostro nunha nova identidade desligada da súa forma orixinal.
Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, Noemí Núñez (Lugo, 1987) iniciou a
súa formación na EASD Ramón Falcón e completouna en Tenerife, Rumanía e Berlín.
Recentemente finalizou o ciclo de cerámica artística tamén na EASD Ramón Falcón.
O seu traballo combina figuración e abstracción, dando lugar a paisaxes internos marcados
pola emoción, a fantasía, o amor, a morte e o disfrace.
A maior parte da súa obra é pictórica, cunha forte presenza do xestual e o intuitivo, onde
o cor, a mancha e o volume se funden para construír presenzas inquietantes e atmósferas
densas.
Ao longo da súa traxectoria participou en festivais e bienais como Fancine (Festival de cine fantástico e de terror de Monforte), o Encontro de Artistas Novos EAN11 (Cidade da Cultura), a Bienal do Eixo Atlántico ou a Bienal Pintor Laxeiro, entre outros.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte