17 C
Lugo
Jue, 9 May 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

«Lecturas en clave feminista – Unha escolla de referentes para empezar»

10 de noviembre, 2023 - 10:00

«Lecturas en clave feminista – Unha escolla de referentes para empezar»

A profesora do Departamento de Historia da USC Ana Cabana impartirá este venres 10 de novembro, a partir das 10.00 horas, na sala de investigadores da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo, o obradoiro ‘Lecturas en clave feminista. Unha escolla de referentes para empezar’.

A actividade, de acceso libre e gratuíto para todo o público interesado, está promovida
pola Comisión de Xénero da Facultade de Veterinaria e encádrase no proxecto ‘Pinta,
colorea e escoita a loita’, no marco da convocatoria de axudas destinadas ao desenvolvemento de proxectos de dinamización físico-deportiva e cultural da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC.

O proxecto en cuestión xurdiu a iniciativa das estudantes da Comisión de Xénero de
Veterinaria, co propósito de promover actividades culturais con perspectiva de xénero
para que sexan un punto de encontro da comunidade universitaria do Campus de Lugo.

Detalles

Fecha:
10 de noviembre, 2023
Hora:
10:00
Categoría del Evento: