Marta Alonso Tejada
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire.
Idade recomendada: A partir dos 16 anos.
Sinopse:
Este espectáculo fala dunha parella e do seu sofá.
A parella son Marta e Pablo, dúas persoas normais.
O sofá é o lugar no que descansan e esquecen o que está fóra. O mundo: traballo mal remunerado, guerra, ameazas nucleares, catástrofes ecolóxicas, virus asasinos invisibles, normas arbitrarias, pobreza, esgotamento.
Pablo e Marta están enfermos. Enfermos de cansazo e aburrimento.
Pero téñense a unha ó outro, teñen un sofá, e saben bailar. Non todo está perdido.
Un sofá que está no chan ao inicio do espectáculo e vaise elevando a varios metros de altura.
Traballando a través do contacto físico e emocional, gracias á singular percepción do movemento da Cía Sharon Fridman, SOFÁ é unha aposta pola linguaxe do tacto, a beleza do particular e a capacidade do baile para elevar o cotián ao sublime.
Unha proposta de danza e humor a dúo da compañía Marta Alonso Tejada.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte