6 C
Lugo
Lun, 6 May 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Mostra aberta – Alejandra Pombo

15 de julio, 2023 - 20:30

Mostra aberta – Alejandra Pombo

A primeira das Residencias Paraíso 2023 no Vello Cárcere de Lugo, acolle estes días á artista Alejandra Pombo Su no seu proceso de creación do proxecto Toda a carne.

O público poderá gozar dunha mostra aberta do proceso de creación o sábado 15 de xullo ás 20.30h, no Vello Cárcere de Lugo.

Sobre o proxecto

Toda a carne é un proceso no que a artista Alejandra Pombo Su traballará partindo da experiencia dos seus traballos anteriores coa voz, na procura de afondar na capacidade expresiva do berro como unha reivindicación da animalidade do ser humano.

Dende hai uns anos a artista Alejandra Pombo Su ven desenvolvendo un traballo de rexistros sonoros que conectan con formas primitivas, que poden recordar ó animal, sonidos maquínicos ou melismas de músicas tradicionais como o tahrir na música persa, ou a potresalica na música de Bosnia Occidental. De feito nalgunhas desas comunidades no din que van a cantar, senón a berrar.

Sobre Alejandra Pombo Su

Alejandra Pomo Su (Santiago de Compostela, 1979).

Doutora en Belas Artes cunha tese sobre os paradoxos da introdución da noción de performance na arte contemporánea, o seu traballo artístico móvese entre as artes plásticas, audiovisuais e escénicas. Obtivo o premio da I Call for Artists-in-Residence FMJJ 2021 e foi elixida artista en residencia en Bulegoa z/b (Bilbao), I-Park Foundation (Connecticut, EE. UU.), Atlantic Center for the Arts (Florida, EUA), PACT-Zollverein (Essen, Alemaña), La Casa Encendida, CA2M e o Ranchito en Matadero Madrid, entre outros. O seu traballo foi presentado en diferentes festivais, museos e centros de arte como o Museo Reina Sofía, Fabra i Coats, La Casa Encendida ou MUSAC. Dende 2021 forma parte do colectivo NEG (Nova Escultura Galega).

Detalles

Fecha:
15 de julio, 2023
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 29 71 95