17.2 C
Lugo
Mar, 15 Oct 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

‘O Seminario de Estudos Galegos: galeguizar as escolas e anovar o ensino’

20 de octubre, 2023 - 12:00

‘O Seminario de Estudos Galegos: galeguizar as escolas e anovar o ensino’

20.10.2023 | 12.00h

Facultade de Formación do Profesorado, Lugo

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural.

Baixo o título ‘Saber de Nós. Olladas no centenario da creación do Seminario de Estudos Galegos’, a segunda edición no programa afonda no labor e a pegada do SEG en aulas abertas e conversas que percorrren varios dos centros da USC e se complementan cunha exposición itinerante coordinada por Henrique Monteagudo.

Antón Costa conduce o 20 de outubro a sesión ‘O Seminario de Estudos Galegos: galeguizar as escolas e anovar o ensino’, unha aula aberta que se desenvolverá a partir das 12 horas no Salón de Actos da Facultade de Formación do Profesorado.

Detalles

Fecha:
20 de octubre, 2023
Hora:
12:00
Categoría del Evento: