Obradoiro «Arpilleras: creación de ilustracións con tecido e fío»

Obradoiro «Arpilleras: creación de ilustracións con tecido e fío»
O 5 de marzo, en horario de 18.00h a 20.00h, a biblioteca da @eoidelugo acolle un obradoiro da ilustradora galega @bea.lema, Premio Nacional do Cómic 2024 coa súa obra «O Corpo de Cristo»
Trátase do obradoiro «Arpilleras: creación de ilustracións con tecido e fío», que introduce unha técnica creativa xurdida no Chile da ditadura militar como protesta feminista contra a represión.
Esta actividade, que conta coa colaboración do #edlg e a área de Igualdade da @eoidelugo, forma parte da programación do centro polo #8M Día Internacional da Muller
A entrada é libre até completar a cabida.























