16.8 C
Lugo
Dom, 6 Oct 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Obradoiro de cometas para crianzas

24 de abril - 17:00

A UNED de Lugo únese á celebración do Día Internacional do Multilateralismo e Diplomacia para a Paz cunha iniciativa que busca fomentar os valores de cooperación internacional e resolución pacífica de conflitos desde a infancia.

Unha iniciativa que se desenvolve dentro do programa #UNEDFutura e no cal as promotoras Ana Belén Traseira e Carlos García apuntan que “nun mundo cada vez máis interconectado é fundamental promover a paz e a colaboración desde unha idade temperá”.

Con este obxectivo en mente, organizouse un obradoiro de cometas para nenas e nenos, unha actividade lúdica e educativa que busca estimular a creatividade, o traballo en equipo e a comprensión da importancia da paz e a colaboración entre nacións.

As cometas, coas súas diversas cores e formas, simbolizan a diversidade e a unidade na busca dun mundo máis pacífico e xusto para todas e todos.

Durante o obradoiro que coordinará Can de Papel, as crianzas terán a oportunidade de deseñar e construír as súas propias cometas, aprendendo sobre a física básica do voo de cometas e desenvolvendo habilidades prácticas mentres traballan en equipo con outras persoas participantes.

Ademais, levarase a cabo a lectura dun manifesto que promova a reflexión sobre a importancia do diálogo, a tolerancia e o entendemento mutuo na construción dun mundo mellor.

As prazas serán limitadas a un total de 15 crianzas.

Para máis información sobre a actividade: https://extension.uned.es/actividad/37269&codigo=TDCE

Detalles

Fecha:
24 de abril
Hora:
17:00
Categoría del Evento:

Local

UNED LUGO
Tolda de Castela Nº4B
Lugo, 27169
+ Google Map
Teléfono
982.28.02.02
Ver la web del Local