16.8 C
Lugo
Dom, 6 Oct 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Obradoiro «Herbiñas para o colapso»

16 de marzo - 11:00

Obradoiro «Herbiñas para o colapso»

O vindeiro 16 de marzo en Leira Haus «Herbiñas para o colapso», un obradoiro da man de Noa Rodríguez Méndez quen nos convida a ollar de preto a especies compañeiras e seres vexetais.

Terá unha duración de 3 horas é un prezo de 15€ (agás prazas de balde para persoas en situacións materiais que non se o poidan permitir) . Inscripción necesaria no mail  leirahaus@gmail.com ou por DM

Sabémolo,fallamos, equivocámonos, colapsamos, moi ben, que facemos? Que funciona? Que sobrevive? Quen nos atura?

O obradoiro propon como punto de partida un paseo polo Regueiro das Hortas, no barrio do Carme da cidade de Lugo. Unha ruta na que rexistrar e entender outras formas de habitar o urbano. Unha xornada na que darlle voz ás plantas que medran nas gretas e coas que coñecer outras formas de resistir ao colapso.

O noso obxectivo será configurar un herbario de plantas “prepper”. Un herbario para prepararse para algo que non vai de latas, naves espaciais e búnkers, senon de como adaptarse, naturalmente, á sequía, ás temperaturas extremas, a escasez de recursos.

Aprender das plantas que viven no cemento: como se chaman, que comen, como chegaron alí?

Detalles

Fecha:
16 de marzo
Hora:
11:00
Categoría del Evento:

Local

Leira Haus
Praza do Campo 1 bis
Lugo, 27001
+ Google Map
Ver la web del Local