14.4 C
Lugo
Jue, 30 Oct 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Obradoiro ‘Unha autopsia arqueolóxica: o que os ósos do pasado nos contan’

8 de noviembre - 11:30

Obradoiro ‘Unha autopsia arqueolóxica: o que os ósos do pasado nos contan’

Con motivo da festividade de Defuntos, o Museo Universitario Domus do Mitreo da USC organiza para o sábado 8 de novembro un obradoiro para toda a familia no que se descubrirá como os ósos humanos arqueolóxicos nos axudan a entender a vida e a saúde das persoas en tempos pasados.

O obradoiro ‘Unha autopsia arqueolóxica: o que os ósos do pasado nos contan’, que impartirá o profesor de Prehistoria da USC Edgar Camarós, será ás 11.30 horas e terá unha duración aproximada dunha hora.

A través de casos fascinantes como as trepanacións e outras cirurxías antigas, neste obradoiro didáctico explorarase a historia da medicina e aprenderase como eran as enfermidades e coidados no pasado.

Tal e como explica a directora do Museo, Dolores Dopico, trátase dunha actividade divulgativa e accesible para todos os públicos, “ideal para quen sente curiosidade pola ciencia, a arqueoloxía e a investigación da Historia”.

O obradoiro está recomendado a partir de 8 anos e ten prazas limitadas. Quen desexe asistir debe chamar ao teléfono 610 323 926 de martes a sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas ou escribir a museomitreo.lugo@fundacionusc.gal.

Detalles

Fecha:
8 de noviembre
Hora:
11:30
Categoría del Evento:

Local

Domus do Mitreo
Praza Pío XII, 3
Lugo, 27001
+ Google Map
Ver la web del Local