17.1 C
Lugo
Sáb, 27 Jul 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Os viños das cinco IXP de Galicia visitan Lugo

10 de octubre, 2023

Os viños das cinco IXP de Galicia visitan Lugo

O martes 10 de outubro celebrarase no Edificio da Deputación Provincial de Lugo o primeiro dos Túneles do viño das Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia que se celebrarán nas principais cidades de Galicia.

Este proxecto de dinamización e promoción das Indicacións Xeográficas Protexidas de Viños de Galicia parte de seis grupos de desenvolvemento rural (GDR) e 16 adegas das cinco IXP que buscan impulsar o sector vitivinícola en cada un dos territorios.

Este martes 10 de outubro poderá desfrutarse na Deputación Provincial de Lugo do primeiro dos túneles do viño, un espazo de divulgación, promoción e degustación dos viños amparados baixo o selo das diferentes IXP. Durante esta xornada degustaranse viños das diferentes IXP de Galicia, incluidos os da recén incorporada Terras do Navia, para coñecer as súas características diferenciais.

As xornadas comezarán pola mañá coa Presentación do proxecto de cooperación das IXP de viños de Galicia seguido dunha masterclass da man de Luis e Alejandro Paadín  (de 11 a 13 h.) e pola tarde haberá catas comentadas por Martiño Santos (de 17 h. a 20:00h.) orientadas tanto a profesionais, prescriptores, canal Horeca etc. como abertas ao público en xeral

As prazas son limitadas e está aberta a inscrición gratuíta na web viños.ixp.gal

Detalles

Fecha:
10 de octubre, 2023
Categoría del Evento:

Local

Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8
lugo, Lugo 27001
+ Google Map
Teléfono
982 26 00 00
Ver la web del Local