Piloto de comedia

11 marzo – 21:30h – Clavicémbalo. Lugo
Piloto de Comedia é un concurso de comedia onde entre 4 e 8 participantes, desde xente que empeza ata cómicos con experiencia, enfréntanse a diferentes probas de humor.
O público propón temas e decide co seu voto quen gaña cada edición.
Un espectáculo dinámico e diferente en cada función, pensado para rir e pasar unha noite divertida.
Naceu e medrou na Coruña, e agora chega a Lugo por primeira vez para compartir esta experiencia co público lucense.

























