Presentación da ‘Guía micolóxica básica da provincia de Lugo’
Xoves 30 de novembro, a partir das 20.00 horas, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos.
Esta nova publicación, coordinada por Antonio Rigueiro e Julián Alonso, e na que tamén
colaboran como autores José Castro Ferreiro e María Cristina García-Echave, pretende
ser unha ferramenta de utilidade para todas aquelas persoas interesadas en iniciarse no
mundo da macromicoloxía en xeral, e na realidade da provincia de Lugo, en particular.
A ‘Guía micolóxica básica da provincia de Lugo’ ofrece asemade un amplo compendio informativo, a través do que afonda en distintos conceptos básicos sobre fungos, identificación, toxicidade e mesmo respecto da súa aptitude para o consumo.
De seguido, na parte inclúense fichas fotográficas con minuciosas descricións de 202 especies, na súa maioría de presenza habitual na provincia de Lugo, pero tamén doutras máis raras, aínda que características dalgúns dos micotopos da provincia de Lugo. As observacións recollidas nestas fichas descritivas inclúen comentarios e alusións a outras 380 especies máis.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte