16.1 C
Lugo
Dom, 24 Nov 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación da revista galega feminista «Andaina»

26 de enero - 20:00

Presentación da revista galega feminista «Andaina»

Data: Venres 26 de xaneiro

Hora:  20:00 horas

Lugar: Auditorio do Vello Cárcere (Lugo)

Organiza: Andaina de Mulleres

A publicación, que leva editándose desde o ano 1982, recolle un dossier sobre transexualidade

O colectivo feminista Andaina de Mulleres organiza este venres ás 20:00 horas no auditorio do Vello Cárcere de Lugo a presentación do último número da revista Andaina -Revista galega de pensamento feminista_-, nun acto aberto ao público no que se abordarán distintos temas de actualidade para o movimento feminista.

No número 72 desta publicación pode atoparse un dossier sobre transexualidade, con artigos sobre infancia e adolescencia trans; así como unha entrevista á activista polos
dereitos trans e activista cultural Nee Barros. Inclúense tamén comentos sobre libros, a linguaxe non binaria ou a misoxinia nas redes sociais.

Andaina de Mulleres

Andaina é un colectivo formado por mulleres unidas por un interese común: o pensamento feminista. Dentro desta asociación pódese atopar información sobre diferentes temas que abordan o pensamento feminista desde diferentes puntos de vista.

Ademais de ser unha asociación que se xunta para debater e intercambiar información sobre distintos temas, baixo este nome tamén se pode atopar a revista, Andaina,
que adoita ter unha pediodicidade de publicación anual.

No seguinte enlace pode descargarse o último número:
https://andainamulleres.gal/wordpress/2023/09/17/revista-no-72/_

Detalles

Fecha:
26 de enero
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 29 71 95