13.8 C
Lugo
Jue, 5 Dic 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación do libro de actas ‘Camiño de Santiago e Emigración. Homenaxe a “Andrea López Chao”

5 de marzo - 20:00

Presentación do libro de actas ‘Camiño de Santiago e Emigración. Homenaxe a “Andrea López Chao”

Martes 5 de marzo no Salón de Actos do Pazo de San Marcos

O acto, que comezará ás 20 horas, contará coa presenza da deputada de Cultura Iria Castro e do doutor en Estudos Culturais e coordinador das actas das Xornadas do peregrino Abrindo Camiño Daniel Vázquez.

Este acto recoñece o traballo da mestra mindoniense Andrea López Chao emigrada a Cuba onde desenvolveu, a comezos do século pasado, unha labor pioneira na defensa do dereito á saúde e á educación das mulleres. Durante todo o acto estará presente a música de Tropupelear con Branca Villares e Pablo Pintor.

Esta presentación continuará co coloquio “Muller e familia: 100 anos entre a miña bisavoa e eu” e a proxección do teaser “O Poder de Educar: Andrea López Chao”, no que participarán a directora do documental Violeta Ramos, a doutora en psicoloxía na Universidade da Habana e bisneta de Andrea, Patricia Arés Muzio; o cronista de Mondoñedo Antonio Reigosa e Daniel Vázquez.

Tamén se levará a cabo a presentación da páxina web https://opoderdeeducar.es/ na que se recompila o traballo realizado sobre a figura de López.

Detalles

Fecha:
5 de marzo
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8
lugo, Lugo 27001
+ Google Map
Teléfono
982 26 00 00
Ver la web del Local