Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación do libro «Pequena vida salvaxe»

21 de enero - 19:00

O mércores, 21 de xaneiro ás 19:00 horas, terá lugar na librería Trama a presentación de ‘Pequena vida salvaxe’, XXXVII Premio nacional de poesía Xosémaría Pérez Parallé, escrita por Roberto X. Hermida e editada por Espiral Maior.

O autor estará acompañado de Concha Blanco, poeta e gandeira de Casa Bértolo.

Sobre Roberto X. Hermida:

Roberto X. Hermida (Vilagarcia de Arousa, 1975), medrou entre As Pontes, Herbón e Santiago de Compostela. Doutorouse en Bioloxía cunha tese sobre o lobo e atualmente está especializado no estudo e a conservación dos morcegos.

É membro fundador de Morcegos de Galicia e da Asociación Galega de Custodia do Territorio.

A natureza está moi presente na súa obra narrativa, o que é especialmente evidente no ensaio sobre morcegos El dilema de Spallanzani (2015) e no capítulo «Summercamp» do libro coral Encuentros con lobos (2016).

Algúns dos seus relatos, tanto en galego como en castelán, foron premiados en diferentes certames. A súa poesía agromou no obradoiro de escrita organizado pola biblioteca municipal Enrique Rivera Rouco das Pontes.

Detalles

  • Fecha: 21 de enero
  • Hora:
    19:00
  • Categoría del Evento:

Local