
Primeira sesión do DivúlgaT 2025
Aprende ciencia dun xeito divertido!
Mércores 22 e xoves 30 de outubro
19:00 h
«O evento de divulgación científica en Lugo, DivulgaT 25, conta cun programa cheo de investigacións fascinantes e de todos os ámbitos
Esta actividade, organizada pola Asociación de Investigadores AgroMar, busca dar visibilidade ás investigacións que se levan a cabo no Campus Terra e, ao mesmo tempo, potenciar o galego como lingua de comunicación científica.
Animádevos a vir e a aprender ciencia dun xeito divertido!
Apto para todos os públicos! Agardámosvos!»
——
A iniciativa está aberta a calquera persoa con actividade investigadora no Campus de Lugo que queira presentar nun prazo máximo de 10 minutos algún aspecto do seu traballo de investigación persoal, as liñas de traballo do seu grupo, ou algún aspecto da súa área de coñecemento que considere que ten interese e utilidade para o público en xeral.
As inscricións estarán abertas ata o 1 de outubro a través dun formulario en liña.
Aberta a inscrición no certame de divulgación científica «DivúlgaT»