11 C
Lugo
Vie, 24 May 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Programación 25N Lugo 2023

21 de noviembre, 2023 - 2 de diciembre, 2023

Programación 25N Lugo 2023. Actividades polo Día Internacional contra a Violencia Machista en Lugo:

‘Performance’ ‘Ocos’

As comisións de Xénero das facultades de Administración e Dirección de Empresas, Veterinaria, Humanidades, Ciencias, Formación do Profesorado e a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría conmemoran este venres 24 o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller con concentracións, a partir das 11.30 horas, diante da Biblioteca Intercentros e da Facultade de Formación do Profesorado da sede universitaria luguesa.

Os actos de concentración comezarán coa lectura do manifesto 25N, a cargo dun
representante da Facultade de Ciencias. De seguido, realizarase a ‘performance’ ‘Ocos’,
trala que se gardará un minuto de silencio en repulsa diante das condutas de violencia e
en lembranza das vítimas da violencia contra a muller en España no que vai de ano.
As comisións promotoras deste acto conmemorativo do 25N convidan a todas as persoas
que conforman a comunidade universitaria a sumarse a esta celebración. Asemade, as
persoas que desexen participar de xeito activo na ‘performance’ poden solicitar a súa
inclusión a través do enderezo de correo electrónico cultura.lugo@usc.es ata as 19.00
horas deste mércores 22 de novembro.

Detalles

Comienza:
21 de noviembre, 2023
Finaliza:
2 de diciembre, 2023
Categoría del Evento: