17.1 C
Lugo
Sáb, 27 Jul 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Programación de Samaín 2023 en Lugo

21 de octubre, 2023 - 2 de noviembre, 2023

Pendentes de coñecer outras actividades, as actividades para o Samaín 2023 en Lugo a día de hoxe son as seguintes:

A concellería de Xuventude organizará un arrepiante rastrexo nocturno o vindeiro martes, día 31 de outubro, para celebrar Samaín na contorna do Centro Histórico de Lugo.

A iniciativa está dirixida á mocidade lucense de entre 14 e 35 anos, comezará ás 21:00 horas na Praza Horta do Seminario coa posta en escena dun monitor/a caracterizado que, a través dun fío condutor, presenta a historia e o obxectivo do xogo, así como as normas do mesmo que se estruturá en grupos de 4-5 persoas, cun máximo de 70 participantes, previa inscrición.

No inicio e presentación do rastrexo, facilitaráselle a cada grupo un “kit de supervivencia” composto por mapa, instrucións, as normas polas que deben rexerse e unha tarxeta de control.

E unha vez finalizada a actividade, haberá unha chocolatada para todos/as os/as asistentes.

Ademais: xoves 26 obradoiro de cociña “Recetas de Samaín”, que terá continuidade o día 2 de novembro baixo o título “Día dos mortos: benvidos a México”, no mercado municipal de Quiroga Ballesteros.

Todas as actividades serán de balde pero resulta preciso inscribirse a través da web: https://formulario.xuventudelugo.gal/

73 locais repartirán doces de xeito gratuíto aos nenos de Lugo que os queiran visitar, e para recollelos regalarán tamén máis de medio millar de cestas de cabaza.

Listaxe de establecementos na web www.lugomonumental.es estarán dende o próximo venres día 27 as instrucións de participación e o enlace a un plano de Google
Maps coa situación dos establecementos participantes.

Días e horarios: o O Truco ou trato será o día 31 (luns) e os horarios serán os de cada
establecemento.

¿Os nenos teñen que estar disfrazados? o Non, entregaranse os doces a todos os nenos que visiten os establecementos, se ben recomendamos que se disfracen para que se
divirtan máis.

¿É necesaria inscrición? Non. Os nenos simplemente teñen que ir aos establecementos e
“ameazar” ao persoal coa clásica frase: “TRUCO OU TRATO”, e terán así os seus doces por xentileza dos locais participantes.

Detalles

Comienza:
21 de octubre, 2023
Finaliza:
2 de noviembre, 2023
Categoría del Evento: