18.3 C
Lugo
Dom, 3 Nov 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Proxección do documental “Xove, Democracia Nuclear”

19 de diciembre, 2023 - 20:00

Proxección do documental “Xove, Democracia Nuclear”

O Pazo de San Marcos acolle o martes 19 de decembro (20.00 horas) a proxección do documental “Xove, Democracia Nuclear”, sobre a mobilización contra o proxecto de construción dunha central nuclear no municipio mariñao nos anos setenta.

A proxección acompañarase dun coloquio e presentación na que participarán o director, o xornalista leonés Pedro Lechuga, e os exdirixentes de Comisións Labregas Emilio López  “Milucho” e Mariña Rodríguez,  que participaron nas mobilizacións e cuxos testemuños se
inclúen no documental, xunto a unha ducia de persoas que viviron en primeira persoa un momento histórico na loita ecoloxista e nacionalista.

A entrada será de balde.

Nos últimos dous meses, o documental, que contou co apoio da Asociación de Prensa de Lugo, foi proxectado nunha ducia de localidades, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Detalles

Fecha:
19 de diciembre, 2023
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8
lugo, Lugo 27001
+ Google Map
Teléfono
982 26 00 00
Ver la web del Local