Proxección do filme ‘Alma viva’
O Club Cultural Valle-Inclán proxecta o vindeiro mércores 3 de abril, no Salón de Actos da Casa do Saber de Lugo, ás 19.30 horas, o filme ‘Alma viva’ (2022, Portugal, 88 mns), de Cristèle Alves Meira. VOSE
A entrada é de balde para a comunidade universitaria.
Un filme delicado, penetrado polo realismo máxico, coa portuguesa Cristèle Alves Meira debutando na ficción.
Como cada verán, Salomé regresa de vacacións ao súa vila familiar nos montes portugueses. Alí disfruta coas súas tías e primos dun ambiente festivo ata que se produce de maneira inesperada a morte da súa querida avoa.
Namentres os adultos pelexan pola herdanza e se enfrontan aos lugareños antes do enterro como se foran forasteiros no seu propio pobo, Salomé comeza a sentir o poder das tradicións que a súa avoa contoulle antes de falecer.
Namentres as crenzas sobre a existencia dos espíritos seguen vivas, Salomé, desde a inocencia que brinda o cotián, conseguirá unir á súa familia baixo unha chuvia redentora.
2022: Seminci de Valladolid: Mellor dirección novel. 2023: Premios Goya (España): Nominada a Mellor película.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte