Proxección e premios do V Certame de Videocreación Lugo Cultural
A Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC celebra este luns 27 de novembro, a partir das 20.45 horas, na Casa do Saber de Lugo, a sesión de proxección pública das propostas audiovisuais presentadas á quinta edición do Certame de Videocreación Lugo Cultural, que repartirá 1.200 euros en premios entre as tres candidaturas máis valoradas polo xurado.
Unha vez completado o visionado dos traballos, a sesión rematará coa entrega de galardóns.
O «Premio á mellor linguaxe visual», dotado con 400 euros, distinguirá a peza
cos mellor imaxe, iluminación e dirección artística, así como a montaxe e edición visual; o
«Premio Isidro Novo á mellor linguaxe literaria», tamén dotado con 400 euros, valora
aspectos da obra referentes ao guión e uso da linguaxe escrita ou oral, mentres que o
«Premio Araceli Herrero á mellor comunicación», que conta con igual dotación económica,
premiará a proposta que mellor englobe todos os aspectos comunicativos empregando
diferentes linguaxes.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte