23.8 C
Lugo
Jue, 9 May 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Relatorio sobre as proteínas do futuro

5 de septiembre, 2023 - 10:30

Relatorio sobre as proteínas do futuro, a cargo de Aarti Tobin

A responsable das investigacións sobre proteínas animais na área de “alimentos do futuro” da Commonwealth Scientific and Industrial Research Organisation (CSIRO), unha das axencias de investigación máis importantes del mundo, Aarti Tobin, impartirá o martes 5 de setembro, a partir das 10.30 horas, un relatorio sobre as proteínas do futuro nas instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA) do Campus Terra da USC.

Tobin centrará a súa exposición, que se desenvolverá en inglés, na folla de ruta
desenvolvida por este centro australiano para, a través da ciencia e a tecnoloxía, tratar
de dar resposta á crecente demanda mundial de proteínas (animais e vexetais) co
obxectivo de aumentar e diversificar a capacidade de produción.

Ao remate da súa intervención, a doutora Aarti Tobin manterá un encontro informal co
público asistente, durante o que tanto representantes do tecido empresarial como da
comunidade investigadora, poderán intercambiar impresións e mesmo ideas de
colaboración no plano científico.

Con 6.500 científicos, a acción de CSIRO na área de alimentos do futuro é unha mostra
clara de como a institución desenvolve a súa investigación. De feito, propón agregar valor
aos alimentos da industria en 3 billóns de dólares anuais mediante financiamento
público, pero coa participación de socios: centros de investigación pública e privada,
universidades, empresas agroalimentarias e empresas de tecnoloxía alimentaria.

Detalles

Fecha:
5 de septiembre, 2023
Hora:
10:30
Categoría del Evento: