Este domingo, continuando co programa de roteiros “As montañas, gardiás da nosa historia”, comezaremos en Baralla, na porta de entrada á comarca dos Ancares desde
Lugo, un percorrido de 14 Km. Pola beira dereita do río Neira subiremos cara a aldea de Matela onde xantaremos.
Recuperadas as forzas baixaremos a media ladeira ata Pena Carramedo dende onde
gozaremos das vistas da Serra do Rañadoiro e do canón do río Neira. No camiño atoparemos castiñeiros centenarios, caneiros, fervenzas e saltos de auga.
Os Roteiros de ADEGA-Lugo son andainas pola Natureza que organiza a delegación de Lugo da organización ecoloxista ADEGA desde hai máis de 20 anos e que están dirixidas á poboación de todas as idades, co obxectivo principal de achegar as persoas á súa contorna natural para que coñezan os valores naturais, patrimoniais e culturais que enriquecen e identifican o noso territorio.
O prezo do roteiro é de 15€ para as socias, 22€ para o público xeral, 17€ para estudantes e desempregados e de 6€ ata os 14 anos. A tarifa inclúe o autobús e o seguro de accidentes.
Para participar é necesario inscribirse antes do venres 15 de decembro ás 13h chamando ao 982240299 ou a través do formulario de reserva https://roteirosadegalugo.wordpress.com/reserva/
Toda a información na
web de ADEGA (www.adega.gal).
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte