16.1 C
Lugo
Dom, 24 Nov 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Roteiro pola parte occidental do concello de Castroverde

25 de febrero

Roteiro pola parte occidental do concello de Castroverde

«O vindeiro domingo 25 de febreiro, continuando co programa que leva por nome “As montañas gardiás da nosa historia”, ADEGA-Lugo organiza un roteiro pola parte occidental do concello de Castroverde.

O percorrido, duns 18 Km. e dificultade media, aproveita varios tramos de roteiros
sinalizados pola Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde.

Iniciaremos a andaina na Igrexia de Vilar de Cas, dirección a Areeira da Pallota (pq. de Soutomerille), onde recentemente se fixo unha interesante actuación de restauración ambiental nos ocos dunha explotación abandonada de extracción de area.

Na parte inicial do percorrido poderemos ver varios bens sobranceiros da parroquia de Soutomerille: a Igrexa -de orixe antiga (como revela a fiestra visigótica da cabeceira)-, a Casa Torre de Abaixo, e o Cemiterio -un dos mais pequenos de Galicia-, e de percorrer un pequeno tramo do Camiño Primitivo, por sendas franqueadas de antigos muros e castiñeiros centenarios.

Seguiremos cara á aldea de Sto. André de Barredo, situada aos pés da Serra de Outeiro Maior, cordal montañoso que configura unha zona tampón da reserva da biosfera Terras do Miño. Pasando por Vilar dos Naraos, ascenderemos a dous cumios desta serra, -O Pico e A Pena Branca (pq. de Barredo)-, na que se pretende instalar un parque eólico.

A camiñada continuará cara ao norte, ata chegar ao núcleo rural de A Meda, pasando preto da súa igrexa e doutros bens de interese patrimonial (fonte, cruceiro, etc.).

A partir de aquí tornaremos cara ao sur, pasando polas proximidades do Castro Peón, dentro xa da parroquia de San Xoán de Barredo.

Desde aquí volveremos a entrar en terras de Soutomerille, ascendendo ao xacemento castrexo coñecido como A Croa. Percorreremos parcialmente este outeiro, onde existen formacións rochosas asociadas a lendas populares -Os Asentos dos Mouros-. No descenso pasaremos preto doutra edificación histórica, -a Casa- Torre de Arriba-, continuando cara ao sueste ata chegar ao núcleo rural de Vilar de Cás (pq. de Moreira), onde finalizaremos o percorrido.

O prezo do roteiro é de 6€ e conta con seguro de accidentes.

Para participar é necesario inscribirse antes do venres 23 ás 13h a través do formulario de reserva da bitácora dos roteiros (https://roteirosadegalugo.wordpress.com/) ou chamando ao 982240299.»

Detalles

Fecha:
25 de febrero
Categoría del Evento: