17.7 C
Lugo
Sáb, 23 Nov 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Roteiro Republicano

14 de abril - 12:00

Roteiro Republicano

«Percorreremos os lugares que tiveron especial trascendencia desde a proclamación oficial da II República, o 14 de abril de 1931, e faremos unha homenaxe ás persoas que sufriron a represión por defender a legalidade republicana. Ao longo do percorrido haberá diferentes intervencións.

Finalizaremos na praza da Soedade cunha ofrenda floral e a lectura dun manifesto. A Xunta Republicana convoca este acto, coa participación de Esquerda Unida, o Partido Comunista de Galicia, Podemos, o Foro pola Memoria de Galicia e a Asociación Contracorrente.

A Xunta Republicana de Lugo anima a participar no Roteiro a todos aqueles colectivos e persoas que o desexen.

Día: Domingo 14 de abril

Hora: 12:00

Saída: rúa Rafael de Vega

Chegada: Praza da Soedade

O percorrido do roteiro será o seguinte:

1. Inicio. Fronte ao busto de Rafael de Vega Barrera, na rúa que recibe o seu nome.

2. Rúa San Marcos, fronte á Deputación.

3. Rúa da Raíña, fronte á estatua de Castelao.

4. Rúa San Pedro, fronte ao edificio de Correos.

5. Praza Maior, fronte á Casa do concello.

6. Praza da Constitución, fronte ao Vello Cárcere.

7. Bispo Aguirre, fronte ao Círculo das Artes.

8. Praza de Armañá, fronte á Subdelegación do Goberno.

9. Praza da Soedade, no monumento á II República.»

Detalles

Fecha:
14 de abril
Hora:
12:00
Categoría del Evento: