22.8 C
Lugo
Vie, 12 Abr 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Ruta ornitolóxica pola Reserva da Biosfera «Terras do Miño»

4 de abril - 17:00

O vindeiro xoves día 4 de abril, o Centro Asociado da UNED en Lugo organiza unha ruta ornitolóxica pola Reserva da Biosfera «Terras do Miño».

A actividade será levada a cabo por Paula Fernández Moure, bióloga especializada na conservación da biodiversidade, e contará co apoio de Guido Álvarez Parga, guía oficial de turismo de Galicia.

As aves desempeñan roles fundamentais nos ecosistemas, contribuíndo ao control poblacional de insectos, micromamíferos e plantas, así como na descomposición de cadáveres e na dispersión de sementes. Estas, xunto con outras características, fan que sexan un grupo de animais moi estudados pola ciencia.

Nesta ruta ornitolóxica, daremos unha volta pola beira do río Miño para avistar as aves típicas dos bosques de beira de río e aproveitaremos a ocasión para falar da importancia da conservación deste tipo de hábitat.

Recoméndase vestir roupa e calzado cómodos para gozar plenamente da volta, e se é posible, levar prismáticos persoais para unha mellor observación das aves. Ademais, convidamos aos aficionados á fotografía a traer as súas cámaras para capturar os momentos máis destacados do noso encontro coa natureza.

O punto de encontro será a entrada principal do edificio da UNED ás 17:00 horas, e a duración estimada da volta será de dúas horas. As persoas interesadas podrán apuntarse través da seguinte ligazón https://extension.uned.es/actividad/idactividad/36603.

Non te perdas esta marabillosa oportunidade de conectar coa beleza natural e aprender máis sobre as nosas aves locais!

Detalles

Fecha:
4 de abril
Hora:
17:00
Categoría del Evento: