Teatro – «Alma de grilo»
Este sábado, día 10, ás 20h, o Escenario Hipócrita (na R/ Doutor Gasalla 18) acolle unha nova función teatral, Alma de grilo, da compañía lucense Ítaca.
Alma de grilo é unha peza de teatro literario con música en directo, baseada no libro homónimo de María García, publicado por Edicións Embora. Un espectáculo intimista que nos achega unha particular visión do ser humano, a través de historias onde a fraxilidade dá paso á fortaleza, onde a cobiza crea incomunicación ou onde a imaxinación nos protexe da soidade.
No escenario, baixo a dirección de José Campanari, María García, autora e actriz, e Icía Saavedra que interpretará a música, composición orixinal de Vadim Yucknievich.
O Escenario Hipócrita vén acollendo funcións de teatro o segundo e cuarto sábado de cada mes. O sábado 24, Hipócrita Teatro porá en escena a obra Casting.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte