Teatro «Artur Ui, o ovo da serpe»

Teatro «Artur Ui, o ovo da serpe»
Talía Teatro
- domingo, 22 de marzo de 2026 18:30 hs.
Idade recomendada: A partir dos 14 anos
Sinopse:
Artur Ui, o ovo da serpe representa unha decidida aposta por conectar a vixencia do teatro épico de Bertolt Brecht coa realidade contemporánea.
Máis aló de ser unha homenaxe a un clásico moderno, esta produción explora con profundidade crítica os mecanismos de poder, a natureza do autoritarismo e as súas manifestacións ao longo da historia, establecendo un paralelismo claro co contexto político e social actual.
ENTRADAS:
Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
























