17.2 C
Lugo
Mar, 15 Oct 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro – Asfixia

8 de febrero - 20:30

Teatro – Asfixia

Vórtice Escénico

  • xoves, 8 de febreiro de 2024 20:30 hs.

Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire.
Idade recomendada: A partir dos 16 anos.

Sinopse:

Un esperpéntico pesadelo asalta a Ágata días antes do seu trinta e catro aniversario: uns escuros seres de cabeza de porco e corpo humano axitan o seu soño e os cimentos da súa vida.

Este pesadelo non é outra cousa que o resorte que desencadea unha crise existencial nesta muller afeita a cumprir as expectativas alleas. Ansiosa por facer algún cambio na súa monótona realidade co seu monótono marido, e motivada polo noxo que as criaturas do seu soño lle inspiran, Ágata decide deixar de comer carne.

Esta pequena decisión individual, que non tería por que ser posta en cuestión por ninguén, é ferozmente combatida polo seu entorno, concretamente pola súa sogra, Silvia, que personifica á loita da sociedade contra o individuo.

Veremos como, nun contexto familiar tan ríxido como o de Ágata, esa pequena decisión individual, aparentemente tan minúscula e inofensiva, xerará un inexorable efecto dominó sobre o resto dos personaxes, asomando a cada un deles ao seu particular abismo.

Esta é a trama principal de Asfixia,  de José Luis Baños de Cos. Unha dramaturxia que se apoia sobre os seguintes eixos conceptuais, asentados en varias dualidades que entran en conflito: o individuo fronte a masa, o inconformismo contra o conformismo, o diferente contra a homoxeneidade e a permanencia fronte a ausencia.

Catro personaxes, catro entes narradores, unha manda de porcos e catro intérpretes en escena. Tres eixos espazo-temporais e tres historias que se entrecruzan. Eses son os ingredientes principais de Asfixia. Abrámolo pano.

Entradas 

Detalles

Fecha:
8 de febrero
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 24 44 05