de Noviembre Compañía de Teatro
Ubicación: Auditorio Gustavo Freire.
Idade recomendada: A partir dos 14 anos.
Versión e Dirección: Eduardo Vasco.
Elenco: Rafael Ortiz, Elena rayos, Alberto Gómez Tabeada, Manuel Pico, Jesús Calvo, Celia Pérez, Mar Calvo, Anna Nácher e Daniel Santos.
Sinopsis:
“Abre el ojo” de Francisco de Rojas Zorrilla é unha comedia de capa e espada, urbana, pero que se alonxa dos seus precedentes ao presentar unhas personaxes de dubidosa catadura moral que teñen pouco que ver cos habituais tipos do xénero.
Unha sorte de vodevil no que manda a alegría de vivir, cheo de entradas e saídas, agochos, enredos, comicidade ao límite e un só propósito: que o espectador abra o ollo e non se fíe de ninguén que veña en nome do amor.
Don Clemente vive no medio dun triángulo amoroso sen decidirse entre unha viúva chamada dona Hipólita; unha caseira despeitada: dona Beatriz; e unha dama sen prexuízos con moita lixeireza social chamada dona Clara, a cal se atopa nunha situación parecida con tres cabaleiros.
Finalmente, o importante é advertir ao espectador que debe “abrir el ojo” para estar atento ante calquera engano por parte dos seus amantes, porque aínda que todo pasa sobre a escena nunca se sabe cando a burla lle pode afectar ao propio espectador…
ENTRADAS: A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte