2.7 C
Lugo
Sáb, 14 Dic 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro clásico – «Anónimo»

3 de marzo - 18:30

Teatro clásico – «Anónimo»

de Hilo Producciones

  • domingo, 3 de marzo de 2024 18:30 hs.

Ubicación: Auditorio Gustavo Freire.
Idade recomendada: A partir dos 14 anos.

Dramaturxia e dirección: Sandro Cordero.
Elenco: Laura Orduña, Enrique Dueñas, Bea Canteli, Sandro Cordero.

Sinopsis:

Poucas novelas na historia retrataron a situación social e política que as arrodeaban dun xeito tan incisivo, lúcido e intelixente como fixo “El Lazarillo”. 

Anónimo é un curioso e divertido achegamento a unha época lonxana que contemplamos case condescendentes, desde o convencemento de que nada diso podería volver ocorrer.

Hoxe, non.

Hoxe, a visión demoledora de “El Lazarillo” segue a ser máis pertinente que nunca. Unha visión, ademais, que en Hilo resúltanos atractiva, porque a pesar da aparente desolación que poida parecer que conleva todo o que se dixo até o de agora, nada máis lonxe: “El Lazarillo” é unha comedia áxil, fresca e esmendrellante. Unha comedia gamberra e que non concede respiro, e que, cando pousa, dá paso á reflexión e ao pensamento crítico.

A versión e dirección desta montaxe non engana: Sandro Cordero é un gran amante dos clásicos, e na súa obra distínguese claramente un empeño por achegar os grandes autores teatrais e literarios ao público actual, por quitarlles aos clásicos a pátina de elitismo e erudición e devolverlles o carácter popular do que gozaban na súa época.

ENTRADAS: A través do portal web entradaslugo.es e na  Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Programación da Mostra de Teatro Clásico de Lugo 2024

Detalles

Fecha:
3 de marzo
Hora:
18:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 24 44 05