18.2 C
Lugo
Sáb, 5 Oct 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro clásico – «Burro»

2 de marzo - 20:30

Teatro clásico – «Burro»

de Ay Teatro

  • sábado, 2 de marzo de 2024 20:30 hs.

Ubicación: Auditorio Gustavo Freire.
Idade recomendada: A partir dos 16 anos.

Dramaturxia: Álvaro Tato.
Dirección: Yayo Cáceres.
Elenco: Carlos Hipólito, Fran García, Iballa Rodríguez, Manuel Lavandera.

Sinopsis:

Nunha finca baleira, un burro atado a unha estaca cóntalle a vida á súa sombra mentres se achega un incendio forestal. Así comeza unha viaxe traxicómica, divertida, tenra, poética e profunda que explora os grandes textos clásicos sobre o asno e a intensa relación entre o animal e o ser humano.

A música en directo e o teatro máis puro acompañan a este asno sen nome, de seis mil anos de idade, nun percorrido polas súas aventuras, desventuras e peripecias ao longo da Grecia e a Roma clásicas, a Idade Media festiva e entroidesca, ao “Siglo de Oro” español e inglés, a Ilustración e a Modernidade. Un relato que loita contra o esquecemento mentres o lume se vai achegando. Unha obra que deixa pegada… de pezuño.

Ay Teatro presenta unha traxicomedia con música en directo inspirada nas obras mestras da literatura que xiran en torno ao asno, e protagonizado por un dos actores esenciais da historia do teatro do estado español.

ENTRADAS: A través do portal web entradaslugo.es e na  Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Programación da Mostra de Teatro Clásico de Lugo 2024

Detalles

Fecha:
2 de marzo
Hora:
20:30

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 24 44 05