Companhia do Chapitô
Ubicación: Auditorio Gustavo Freire.
Idade recomendada: A partir dos 13 anos.
Versión: Creación colectiva da Companhia do Chapitô.
Dirección: José C. García y Cláudia Nóvoa.
Elenco: Jorge Cruz, Pedro Diogo y Susana Nunes.
Sinopsis:
A Companhia do Chapitô presenta “Julio César”, unha creación teatral baseada nos eventos da vida desta personaxe histórica, inmortalizada polos grandes narradores, desde Plutarco a Shakespeare. A 39ª creación colectiva do repertorio desta compañía segue explorando a comedia coma linguaxe para reinventar a historia.
Inspirado na imaxinación popular das representacións de Roma e a notable figura que foi Julio César, explorando as inconsistencias históricas e tomándose liberdades no tratamento de feitos documentados – coa falta de rigor que xa caracteriza á Companhia do Chapitô – aquí chega a desconsagración doutro monstro histórico: Julio César.
Tratábase dun tirano que merecía morrer ou dun heroe brutalmente asasinado polos conspiradores? Que veña o Diaño e elixa. Aquí non hai heroes nin viláns, hai circunstancias e persoas astutas a buscarse a vida. Tamén hainas menos astutas que fan o que se lles di. E xente virtuosa que fai o que hai que facer. Arrastramos a todos por igual.
Entre a reconstrución histórica, o documental e a parodia, aquí temos outra creación orixinal da Companhia do Chapitô.
ENTRADAS: A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte