La Quintana Teatro
5 premios Azahar das Artes Escénicas en Murcia (Mellor espectáculo, dirección, actriz protagonista, iluminación e vestiario)
Ubicación: Auditorio Gustavo Freire.
Idade recomendada: A partir dos 14 anos.
Texto: Vanesa Montfort.
Dirección: Maria Herrero.
Elenco: Victoria Teijeiro, Amaranta Munana, Aitor de Kintana e María Herrero..
Sinopsis:
«La Toffana» é unha montaxe teatral inspirada na historia real de Giulia Toffana, unha controvertida muller que viviu a mediados do século XVII. Na Italia da época só había unha forma de liberarse dun matrimonio opresivo: enviuvar.
Giulia Toffana, alcumada “a envenenadora de maridos”, decidiu axudar a outras mulleres con “matrimonios difíciles” a conseguir a súa liberdade. Creou un veleno indetectable: «a augaToffana».
Os “beneficios” da auga Toffana difundíronse rapidamente entre as mulleres. Giulia formou á súa filla e ao seu axudante e creou unha rede de distribución que as levou ata a alta sociedade romana. Mantiveron o secreto durante anos ata que as delataron. Nai e filla foron xulgadas pola Inquisición en 1659 acusadas da morte de máis de 600 homes.
“La Toffana” é unha coproducción co CDG.
ENTRADAS: A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte