Las Niñas de Cádiz
Ubicación: Auditorio Gustavo Freire.
Idade recomendada: A partir dos 16 anos.
Versión: Ana López Segovia.
Dirección: José Troncoso.
Elenco: Alejandra López, Teresa Quintero/Mer Lozano, Rocio Segovia, Fernando Cueto, José Troncosos/JoseCarlos Fernández e Ana López Segovia.
Sinopsis:
Dionisio baixa á Terra en forma de muller para enfrentarse ɑo “Suasenaguer”, un policía empeñado en pechar un bingo ilegal do barrio, onde se xuntan cada tarde un grupo de mulleres para xogar, pero tamén para compartir as súas intimidades, as súas penas, as súas alegrías, e algunha que outra copiña de anís.
Servando, compañeiro de traballo de “Suasenaguer”, intentará disuadilo das súas intencións, mostrándolle que na vida ás veces hai que ser máis flexible e permisivo. Pero o xove e fanático policía, obsesionado co cumprimento da lei, desoirá os seus consellos, arrastrando a todos a un final tráxico e espeluznante.
Unha versión libérrima de “As Bacantes” na que se aborda, sempre desde o humor, a eterna loita entre o apolíneo e o dionisíaco, entre a rixidez autoritaria representada polo “Suasenaguer” e o mundo hedonista de Dionisia e as súas acólitas.
ENTRADAS: A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte