de Larraitz Urruzola Producións Artísticas
Ubicación: Auditorio Gustavo Freire.
Idade recomendada: A partir dos 4 anos.
Dirección: Eduardo R. Cunha e Santi Prego.
Elenco: Larraitz Urruzola.
Sinopsis:
O Crebanoces é un espectáculo inspirado no conto de Hoffmann. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky.
O padriño Drosselmeier vainos contar a historia do xoguete que acaba de traer neste Nadal para os seus sobriños, un boneco crebanoces que se enfrontará á Raíña dos Ratos e que nos transportará ao mundo dos contos, onde escoitaremos a suite completa do Crebanoces de Tchaikovsky.
O espectáculo está producido para monicreques de mesa con manipulación mixta (siluetas, bocóns, obxectos e outros). Durante a execución da música hai pantomimas dos bonecos, e entre unha e outra parte musical hai escenas con partes faladas dos bonecos e narración cara ao público.
ENTRADAS: A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte