Culturactiva
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire.
Idade recomendada: A partir dos 6 anos.
Sinopse:
Castelao é unha figura capital da historia das artes en Galicia e non contaba ata agora cunha proposta escénica para a infancia. Vimos a poñer remedio a isto cun gran equipo: un texto de Paula Carballeira coa dirección de Fina Calleja e con Mónica Camaño e Cris Collazo en escena.
A obra presenta a un Castelao de 8 anos anos e na súa vila natal, divertido, feliz, alegre e aventureiro, buscando en todo momento a identificación da audiencia co protagonista da nosa trama.
Culturactiva Producións propón unha montaxe de ritmo trepidante. A tensión dramática desta peza cabalga sobre o lombo dunha persecución polas rúas de Rianxo nas horas previas á partida cara a Arxentina de Castelao e a súa nai. E mesmo antes, da man de Baltasara, comezará un percorrido trepidante coa urxencia que a inmediatez da partida garante. Queda pouco tempo, as horas antes de embarcar escorregan entre os dedos e a ausencia do neno da casa familiar faráse notoria para Xoaquina.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte